Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

977
Arranca en 2016 con 100 procedementos integrados, que se irán incrementando progresivamente e cuxo ciclo de vida será integramente dixital. Alberga xa máis de 275.000 documentos dixitalizados, que estarán accesibles desde o Portal de Difusión do Patrimonio Documental de Galicia. Para axilizar e facilitar os intercambios comerciais púxose a disposición das empresas da Eurorrexión o Servizo de Facturación Electrónica e en 2016 está dispoñible a publicación do DOG en portugués.
943
O 10 de decembro impartirase no Centro Demostrador a xornada “Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aprende a creala con ferramentas libres” en horario de 16.00 a 19.00. A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/
939
A xornada, orientada a profesionais TIC e xestores web, impartirase en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 18.30. A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/
933
Só un 8,5% dos alumnos matriculados no sistema universitario galego cursa carreiras do ámbito científico tecnolóxico. O baixo índice de interese por estes estudos contrasta coa súa alta taxa de empregabilidade, que en Galicia ascende a máis de 14.000 traballadores no sector. Entre as medidas que apunta o estudo dirixidas ao alumnado destaca a necesidade de cambiar a percepción da mala relación esforzo-beneficio que existe ao redor deste tipo estudos. En canto ao ámbito educativo indica a importancia de redefinir as colaboracións escola– universidade–empresa para trasladar mellor a realidade...
933
Unha vintena de programadores, deseñadores e emprendedores colaboraron de xeito altruísta no deseño e desenvolvemento de ferramentas para facilitar a usabilidade e accesibilidade dos equipos da aula CeMIT. É unha iniciativa enmarcada dentro do programa CeMIT-Innova 2015, impulsada pola Axencia, para promover e facilitar propostas de innovación social dixital en Galicia.
920
A xornada está dirixida a empresas de formación ou calquera outra entidade en busca de formadores especializados. A sesión demostradora será en horario de 10.00 a 11.30 horas nas instalacións do CDTIC. A asistencia é de balde, previa inscrición na páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/
900
Enxeñeiro de Telecomunicacións ten unha ampla experiencia na xestión e desenvolvemento de proxectos de redes de telefonía e datos.
898
A información é accesible para calquera cidadán a través do apartado de mapas do portal da Xunta de Galicia, de maneira gratuíta, sinxela e intuitiva. Os datos organízanse por capas, que son combinables entre si, de tal maneira que un usuario pode adaptar a consulta aos seus intereses, e obter, por exemplo, os límites dun parque natural coa información topográfica e sobre a rede viaria que lle dá servizo. Incorpora funcionalidades como a descarga de ficheiros, buscas a partir de diferentes referencias xeográficas (toponimia, coordenadas, referencia catastral) No apartado da Rede Galega de...

Páxinas