Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

521
O 012 consolidase coma a referencia telefónica da Xunta para información ao cidadán ca integración do número de información turística; o de información e facturación electrónica e Redexga; e o da área de discapacidade. A unificación dos servizos telefónicos da Xunta constituíu un obxectivo primordial dentro das medidas de racionalización e eficiencia postas en marcha polo goberno galego. Desde que se puxo en marcha a unificación produciuse un aforro de máis de seis millóns de euros para as arcas públicas galegas.
518
Está previsto que a iniciativa chegue este curso a 6.000 alumnos de 5º e 6º de primaria e 1º de ESO, e a un total de 110 centros educativos. Os materiais, completamente gratuítos para as familias, serán de acceso online e offline.
505
Tras 12 semanas de teleformación titorizada as persoas inscritas terán que superar un exame presencial en xaneiro. O certificado, que emite a Amtega, acredita a formación en ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada. En outubro abriranse novas convocatorias de avaliación para aquelas persoas que xa posúan os coñecementos necesarios e non precisen cursos de formación.

Páxinas