Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

679
O vicepresidente visitou o Concello de Cotobade, para coñecer de primeira man varios investimentos realizados polo Goberno galego na parroquia de Caroi Visitaron a antiga casa escola, reconvertida en local social; as melloras de varios núcleos poboacionais e a instalación dunha torre de telecomunicacións
679
O certificado, que emite a Amtega, acredita a formación en ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada. As persoas que accederon a esta convocatoria terán que superar un exame, tras o seguimento dun curso na modalidade de teleformación a través das aulas CeMIT. En outubro abriranse novas convocatorias para aquelas persoas que xa posúan os coñecementos necesarios e non precisen cursos de formación.
677
O avogado Javier de la Cueva, un dos principais expertos a nivel estatal en copyleft e defensor do software e hardware libres, dará a coñecer o vindeiro 4 de decembro outras formas de entender a posta en marcha de proxectos empresariais. Con esta charla conclúe o curso ‘Teño unha idea e agora que?’, no que 25 emprendedores adquiriron técnicas para a xestión das súas pemes.
672
Rapaces de entre 3 e 7 anos de 28 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 11 e 19 de decembro. Por sétimo ano consecutivo a rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia.
666
Recibirán durante 25 horas, de forma presencial, os contidos dun módulo sobre tipos de dispositivos móbiles, plataformas e aplicacións, configuración inicial e uso básico. A actividade terá lugar entre os días 3 e 7 de novembro no Centro de Desenvolvemento Rural de Buño. Participan integrantes das asociacións de mulleres redeiras ‘O Fieital’ e ‘Illa da Estrela’.
656
A iniciativa está encabezada pola Amtega e conta coa participación como socio da GAIN, ademais de 8 entidades de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal. Conta cun orzamento de 1.3 millóns de euros, financiado nun 65% por fondos FEDER no marco do Programa Operativo Espazo Atlántico. Crearase un catálogo das solucións TIC existentes hoxe en dia no arco Atlántico Europeo e identificaranse tecnoloxías non existentes no mercado para desenvolver novos produtos aplicables ás pemes do sector marítimo. O Centro Demostrador TIC de Galicia será o referente do resto dos países para para desenvolver un...
654
Impulsada pola entidade pública estatal Red.es, ponse en marcha cos centros de Galicia, Aragón, Andalucía, Extremadura e Castela a Mancha. A rede busca facilitar as sinerxias entre os Centros, favorecer o desenvolvemento de proxectos conxuntos e mellorar os seus servizos e capacidades a través da transferencia de coñecementos. O Centro Demostrador TIC de Galicia púxose en marcha en 2011 e consolidouse como o escaparate tecnolóxico da Comunidade, fomentando a interrelación entre a oferta do sector TIC e as empresas galegas. Leva celebradas máis de 160 actividades nas que participaron preto de...
653
A Secretaría Xeral da Igualdade puxo en marcha esta iniciativa, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería e Informática de Galicia e a Amtega. Ten como finalidade mellorar as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das TIC e as redes sociais. Durante o mes de decembro impartíronse tamén cursos en Padrón, Ribeira, Burela, Celanova, Xinzo de Limia, Cuntis, A Estrada e Vilagarcía de Arousa.

Páxinas