Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

829
É unha das liñas estratéxicas do Plan Smart Turismo dotado con 10 millóns de euros ata 2020 para integrar as TIC no sector. Aproveitar as tecnoloxías para a promoción, a comercialización e a fidelización dos viaxeiros, e fomentar a innovación no sector, son algúns dos eixos prioritarios desta iniciativa. O plan recolle tamén unha liña específica para potenciar os camiños de Santiago como produto turístico singular de Galicia, facilitándolles aos posibles peregrinos ou turistas os servizos tecnolóxicos máis avanzados.
826
Rapaces de entre 3 e 7 anos de 28 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 11 e 19 de decembro. Por sétimo ano consecutivo a rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia.
814
Esta iniciativa, que está financiada pola Amtega, abordará o uso das novas tecnoloxías na xustiza e o desenvolvemento da administración xudicial electrónica. Tamén se coñecerán casos prácticos de éxito na implantación da Administración xudicial electrónica na Audiencia Nacional.
810
O proxecto Situm consiste nunha tecnoloxía de localización de smartphones para coñecer a posición dun teléfono nun espazo pechado. No Yuzz participaron, a nivel nacional, ao redor de 500 mozos e mozas nun total de 24 cidades. Trátase dun programa do Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander e a colaboración da Xunta de Galicia.
802
Asegura que o Arquivo Electrónico Administrativo, como parte do Arquivo Dixital Único, é a pedra angular da administración eléctrónica, posto que permitirá eliminar o papel na Administración, e xestionar e conservar con todas as garantías de seguridade e dispoñibilidade a documentación dixital durante todo o ciclo de vida administrativa. Destaca que a creación deste arquivo é unha das liñas de traballo do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza Arpad, dotado con 4,7 millóns de euros, e que ten como obxectivo a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, e a habilitación de...
795
Tamén se traballou nunha serie de melloras para acceder a datos en tempo real das estacións meteorolóxicas de calidade do aire e das boias oceanográficas. Grazas a esta aplicación pódese consultar o estado do mar e a predición para todas as praias de Galicia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia desenvolveron esta ‘app’ para usuarios de os usuarios de Windows phone e BlacberryOS. A web de Meteogalicia que segue a ser unha das páxinas máis visitadas en Galicia, con 55 millóns de visitas en 2014.
778
Neste último seminario participarán cinco expertos que expoñerán a súa visión sobre o presente e o futuro do mundo das ‘cousas conectadas á rede’. Durante o acto coñeceranse os gañadores do concurso de aplicacións móbiles, ao que se presentaron 12 propostas. O primeiro premio é un computador portátil convertible en tablet, cedido por Hewlett-Packard.
773
A Amtega asinou hoxe coas universidades e asociacións de empresas e usuarios de software libre os convenios para o desenvolvemento de 34 das 80 accións do Plan de Software Libre 2014 da Administración autonómica. Migrarase o sistema de xestión da rede de bibliotecas públicas á solución libre e actualizarase a rede de portais da área de cultura e bibliotecas, empregando solucións de fontes abertas. Porase en funcionamento o Centro Demostrador TIC virtual de solucións libres para que as empresas poidan probar dende internet ferramentas libres para a mellora da súa produtividade. A Oficina de...

Páxinas