Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

518
O Comité de dirección do proxecto reuníuse esta mañá para analizar futuras iniciativas para mellorar a empregabilidade, como a elaboración dun plan de formación integral con contidos sobre detección de oportunidades laborais
518
O obxectivo do Plan, posto en marcha en 2010, é dotar de conexión á rede a toda Galicia a finais de 2013 Desde 2010 reducíronse en 490.000 os galegos que carecían de cobertura respecto ao inicio do Plan Aínda quedan 296.000 galegos sen acceso á rede aos que se posibilitará o acceso a este servizo coas actuacións postas en marcha Este ano lanzouse a última liña do Plan, unha convocatoria de axudas de 1 millón de euros para dotar de cobertura vía satélite aos habitantes das zonas máis illadas A Amtega ten en marcha un programa de axudas para que as familias con menos recursos poidan contratar o...
518
A través de BIC Galicia, a Consellería impulsa unha serie de obradoiros para axudar ás empresas TIC a mellorar a súa competitividade a través da procura de novos mercados Esta iniciativa diríxese ás empresas TIC, fundamentalmente a pemes e micropemes en fase de consolidación Durante o ano 2011 máis de 80 empresas dos sector das TIC participaron neste programa formativo
518
O autobús itinerante mostra de forma práctica e gratuíta as utilidades de Internet para as xestións da vida cotiá A iniciativa forma parte das accións complementarias do Plan de Banda Longa da Xunta de Galicia
517
Todos os departamentos autonómicos teñen desde hoxe unha mesma portada de entrada aos seus portais desde a web corporativa www.xunta.es Estas portadas inclúen o máis relevante da información de carácter institucional de cada consellería potenciando o concepto de portal temático como canle de referencia dos servizos de utilidade para a cidadanía O obxectivo é acadar un maior grao de homoxeneidade entre os portais axilizando e simplificando o acceso aos contidos
517
Actuará como nodo de interoperabilidade, que permitirá ao cidadán non ter que presentar documentos ca mesma información en distintas Administracións Con esta medida redúcense tempos, custos e axilízase a xestión dos procedementos Os avances acadados pola Xunta no 2011 nesta área evitaron a presentación do DNI e do certificado de empadroamento en máis de 22.000 trámites de cidadáns e empresas coa Administración autonómica
516
A páxina constitúe unha nova ferramenta de información, aprendizaxe e apoio para os empresarios e profesionais deste sector A través desta web facilítanse información e contactos de interese e créase un espazo colaborativo entre todos os axentes do sector
515
A Asociación puntoGal presentou a candidatura do dominio ante o ICANN, co apoio institucional e financeiro da Axencia para a Modernización Tecnolóxica O obxectivo é que Galicia teña proxección no mundo dixital cun dominio propio baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e que contribúan ao fomento da nosa cultura A Asociación comprometeuse diante da ICANN a que, unha vez consolidado o proxecto, se reinvistan todos os beneficios en programas que fomenten a lingua propia de Galicia nas novas tecnoloxías O puntCat, para a lingua e...

Páxinas