Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- seguinte ›
- última »
1.023
O certame premiou os vídeos de tres alumnos das aulas CeMIT de Vigo, Tui e Ponteudeme como os de maior calidade entre os realizados durante o curso sobre Produción Audiovisual que se celebrou en 39 aulas da Rede entre outubro e novembro
Un total de 326 traballos optaban as categorías de mellor guión técnico, mellor montaxe e mellor guión literario
A actividade enmárcase no Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT
980
A Administración investiu este ano máis de 335.000 euros nestas axudas que se convocarán de novo en 2013 e 2014
O investimento total previsto é de máis de un millón de euros para dotar de cobertura a arredor e 2.100 familias e empresas das áreas máis illadas da Comunidade
Os beneficiarios recibiron unha subvención de ata 500 euros para os gastos de instalación e equipamento e a alta de liña e o primeiro mes eran gratuítos
O 87% dos solicitantes optaron por servizos de internet de 8 Mbps de velocidade e un 71% contratou ademais servizo de telefonía
974
A directora da Amtega mantivo unha reunión de traballo con responsables da Administración autonómica do País Vasco
Mar Pereira expuxo os principais fitos da Axenda Dixital galega como a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, a posta en marcha do CPDI e os avances do Plan de Banda Larga da Xunta
Galicia é a única comunidade autónoma que conta neste momento cun modelo de xestión integrada das TIC, centralizado na Amtega, e que permitiu xa a consolidación dun aforro anual de 6 millóns de euros
963
As redes sociais permiten, a diferencia das canles tradicionais, unha información bidireccional, inmediata, cunha interconexión entre usuarios e a tempo real
Nos primeiros 15 días de campaña en tuenti conseguíronse 2.353 fans, 566 fotos, 118 mensaxes no tablón, 5.352 usuarios que votan, e 14.413 votos emitidos
A Consellería de Sanidade xa desenvolveu outras campañas de comunicación 2.0 como Xente con Vida, presente en web, blog, Facebook e Twitter
953
A aplicación informática ReDe permite aos cidadáns consultar os avances do Plan no seu núcleo de poboación e rexistrar demandas de cobertura
Está dispoñible na páxina da Amtega http://imit.xunta.es e recibiu máis de 380 visitas diarias
O Plan facilitou o acceso a Internet a máis de 570.000 galegos sen cobertura en 2009
927
Trátase dun curso gratuíto de 40 horas no que se explicarán os procedementos básicos para a creación de contidos multimedia adaptados á web e súa publicación nun servizo web 2.0
A actividade enmárcase no Plan de Dinamización 2012 da Rede CeMIT
A localización das aulas CeMIT e os contidos do Plan de Dinamización e da carta de servizos están dispoñibles no enlace http://cemit.xunta.es.
906
Abert@s, que se puxo en marcha en marzo, é a novena iniciativa deste tipo en España pero supera a outros portais autonómicos cun catálogo inicial de 250 documentos en formatos abertos
Proporciona materia prima para o sector de contidos dixitais e abre novas oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear aplicacións e prestacións en base a esta información
Mar Pereira destacou que Galicia sumouse as iniciativas de Open Data desenvolvidas a nivel nacional e internacional e que xera un volume de negocio para o sector infomediario en España de arredor de 600 millóns de euros
898
As actuacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia permitiron pasar en dous anos dun 69% a máis dun 94% da poboación do Condado con posibilidade conexión á rede
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou esta mañá o Roadshow Movistar Galicia, que desde hai varias semanas percorre diversos municipios de toda a comunidade autónoma
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- seguinte ›
- última »