Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

761
Este programa, que integra a 11 beneficiarios de 7 rexións de España, Portugal e Francia, ten un presuposto de 1,6 millóns de euros e unha duración de 33 meses dende abril do 2009
752
No enderezo (http://sencarie.xunta.es), disponse de xogos educativos adaptados aos diferentes niveis de educación infantil e primaria, onde se repasan, dun xeito divertido e ameno, os principais conceptos que se deben coñecer en materia de saúde bucodental, no marco da educación dos nosos nenos e nenas
748
Francisco López asistiu esta mañá en Santiago á presentación da sección galega da web da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros, que ofrece información de toda índole relativa ao sector de comercialización do libro nos seus distintos formatos Segundo o director xeral, “a web permite coñecer a realidade das vendas do libro galego e analizar en que ámbitos é conveniente e necesario facer un maior esforzo”. “O coñecemento da realidade do noso libro é imprescindible para calquera política de futuro”, apuntou
742
En menos dun ano a porcentaxe de cobertura conxunta dos Concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada pasou do 60%, ao 74% grazas ao Plan No municipio de Alfoz, onde a posibilidade de acceso á Rede era practicamente inexistente, acadouse preto dun 29% de cobertura O Plan reduciu nun 41% os galegos sen posibilidade de conexión en toda Galicia
737
Os estudos constatan que existe un amplo conxunto de provedores galegos de Software Libre, e que están a aliñar a súa oferta coa demanda crecente deste tipo de produtos e servizos Case o 60% das empresas que ofrecen servizos de software ofertan produtos de software libre Esta oferta incrementouse en máis dun 15% no período 2008-2010 Mar Pereira realizou esta intervención durante a comisión executiva de Centro Nacional de Referencia para o fomento do Software Libre que se celebrou hoxe por primeira vez en Galicia Na xuntanza participaron o director xerente de CENATIC, Miguel Jaque, e o...
736
A xornada Letras Galegas e Internet acolleu hoxe a presentación das principais novidades en tecnoloxías da fala e da información e da comunicación en galego Recursos para a corrección e a tradución de textos, dicionarios, formación en liña e programas informáticos foron algúns dos temas dos relatorios Con esta iniciativa, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere dar a coñecer as novas aplicacións en galego, que favorecen a calidade e o prestixio social do idioma
735
O conselleiro de Educación e a secretaria xeral de Modernización entregaron os premios aos gañadores da primeira convocatoria para crear novos materiais docentes dixitais Os galardóns forman parte da liña de axudas para o desenvolvemento da sociedade da información da Secretaría Xeral de Modernización
734
O proxecto, enmarcado na Axenda Dixital 2014.gal e na Estratexia Sergas 2014 busca ofrecer servizos de atención sanitaria na casa a través das novas tecnoloxías O primeiro ámbito de implantación do Fogar Dixital Asistencial centrarase na prestación de servizos sanitarios no domicilio orientados a pacientes con patoloxías crónicas O 27 de xuño inaugurarase o Centro Demostrador TIC, que permitirá ás empresas do ámbito tecnolóxico amosar produtos e servizos dirixidos a mellorar produtividade e competitividade das empresas doutros sectores produtivos

Páxinas