Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

859
Bic Galicia, en colaboración con Ineo, pon en marcha unha iniciativa para incrementar o número de empresas das tecnoloxías da información e a comunicación lideradas por mulleres O programa, que se dará a coñecer mañá en Vigo durante o desenvolvemento do Foro “Emprender e dirixir en feminino”, inclúe a posta en marcha dunha Rede de Mentoras que asesorará ás mulleres que están iniciando a súa andaina no mundo empresarial
844
En menos dun ano o portal www.xunta.es subiu 10 posicións nesta clasificación estatal
840
Mostrarase ás empresas da industria transformadora de produtos pesqueiros aplicacións que posibiliten a modernización do seu negocio A xornada vai dirixida aos profesionais e persoal técnico, xerentes ou directivos de empresas da nosa comunidade, principalmente do sector pesqueiro As empresas, entidades ou persoas interesadas poden inscribirse vía web na ligazón http://cdtic.xunta.es/inscribir
834
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica asistiu hoxe a entrega da VIII Edición dos Premios Eganet Situou como un dos obxectivos prioritarios para Galicia o desenvolvemento dun sector TIC punteiro que exporte tecnoloxía e coñecemento, impulsando a innovación a internacionalización e a cultura emprendedora
820
Pilar Farjas destaca que, no momento actual, é máis necesario que nunca sacar o máximo rendemento aos recursos dispoñibles, e este é “un claro exemplo do que podemos facer nesta dirección” Subliña que a prestación de servizos sanitarios de calidade require profesionais formados e competentes, que teñan á súa disposición instrumentos de apoio no seu quefacer diario O número de usuarios rexistrados nesta iniciativa creceu dende os 1.927 de hai tres anos aos máis de 10.000 actuais; e en 2011 realizáronse xa máis de 200.000 visitas e case 2 millóns de accesos
818
O CESGA xunto cos servizos de rede das tres Universidades Galegas (UDC, USC e UVIGO) fan unha chamada a todolos internautas galegos para que se sumen as probas que se celebrarán durante esta xornada. Estas probas permitirán coñecer o en que medida usuarios e operadoras en Galicia están preparadas para a nova Internet.
816
Os directores xerais do Igape e Xesgalicia explicaron o marco de apoio existente para proxectos tecnolóxicos, innovadores e con potencial de internacionalización Os representantes das empresas participantes no encontro, que destacan polo seu alto potencial de innovación e con expectativas de investimento ou expansión internacional, coñeceron as posibilidades de apoio dos novos fondos tecnolóxicos e dos programas de mellora da competitividade e internacionalización
813
A mellora consistiu na dotación de novo mobiliario, a renovación do equipamento informático, a instalación de equipamento audiovisual complementario e un sistema profesional de videoconferencia Preto de 400 persoas pasaron xa pola aula CEMIT de Boiro, que no ano 2011 acolleu 18 eventos relacionados coa alfabetización dixital e diversos cursos multimedia e audiovisuais que puideron ser seguidos a través de videoconferencia A Rede CeMIT, presente en 92 concellos e con 98 aulas, facilita o acceso ás novas tecnoloxías a todos os cidadáns en igualdade de condicións

Páxinas