Máis visto

Formulario de busca

Fondos

Máis vistoMáis visto

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

126
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentou hoxe ás entidades locais o plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT A este acto virtual convidouse ás 91 entidades locais que dispoñen dunha aula CeMIT e contou coa participación de máis de 80 asistentes Amtega e a Fegamp apostan por renovar a súa colaboración a través dun novo convenio que regula as condicións para que os concellos galegos poidan beneficiarse dun Plan que conta cun investimento de máis de 22 M€ até 2025. Os concellos que queiran adherirse contarán con beneficios como a dotación de equipamento...
125
• O Consello do Goberno galego aprobou hoxe un acordo marco que permitirá iniciar a primeira fase da Estratexia Cloud autonómica, poñendo en marcha un modelo de cloud privada que se situará no Clúster Data Centers Gaiás-Sionlla • No primeiro trimestre de 2022 aprobarase un novo contrato marco para crear un modelo de consumo de servizos de cloud pública, que poderán contratar as administracións públicas • Enmárcase nas medias de reforzo de infraestruturas tecnolóxicas da Xunta, que aposta unha Estratexia mixta de cloud pública e privada que axilice a adopción de tecnoloxías avanzadas no...
125
O obxectivo da sesión é informar sobre as vantaxes da dixitalización administrativa como ferramenta clave para mellorar a eficacia competitiva das empresas. Coa axuda das solución de Docuten, e a través das axudas do Kit Dixital, todas aquelas compañías que teñan en mente este proceso tan necesario poderán inicialo cumprindo unha serie de requisitos mínimos.
125
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación da Coruña, entidade fundadora de CIBER.gal.
123
• CSIRT.gal é o sexto organismo autonómico que se integra nesta rede que actuará en coordinación cos Centros de Operacións de Ciberseguridade (SOC) europeos • A Rede Nacional de SOC articula a colaboración entre as administracións para mellorar as capacidades de defensa, detección e resposta a ciberincidentes • Galicia foi a primeira Comunidade en dispoñer dunha estrutura de colaboración público-privada en materia de ciberseguridade: o Nodo CIBER.gal • A Xunta ten en marcha un paquete de medidas para facer fronte aos novos retos de ciberseguridade, cuns investimentos de 18 millóns de euros,...
122
• A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou hoxe no I Foro APD de Tecnoloxía e Negocio • A responsable autonómica sinalou que non se pode impulsar a tecnoloxía sen estratexia nin desenvolver unha estratexia sen tecnoloxía • Lembrou a Axencia autonómica está a executar 37 proxectos por importe de 200 millóns de euros dos Fondos Europeos de Next Generation • Destacou a importancia da cooperación entre administracións e o sector privado na xestión dos fondos no contexto rexional dixital
121
• Os integrantes do nodo galego de intelixencia artificial (nodo galicIA) tomaron a decisión tras analizar un documento no que se cuantificaron máis de 200 indicadores obxectivos • O informe técnico aprobado por unanimidade polo nodo sinala que A Coruña é a opción con más posibilidades de ser elixida no proceso de selección que convocou o Goberno do Estado • A decisión última sobre a localización da axencia de nova creación corresponde ao Goberno do Estado
121
Webinar do programa Re-Acciona do Instituto Galego de Promoción Económica

Páxinas