Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 435
- 436
- 437
- 438
- 439
- …
- seguinte ›
- última »
227
• Os galegos de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso habitual da rede e nas compras online
• Galicia ocupa a sétima posición na concertación de citas sanitarias por internet e supera en dous puntos a media estatal no emprego da banca online
• Crece o uso das canles dixitais coa Administración, que empregaron o 83,8 % dos internautas galegos no último ano
• O 33,7 % de galegos xa utiliza dispositivos ou servizos de domótica do fogar, principalmente altofalantes, electrodomésticos conectados e administración de enerxía
225
• A Cidade da Cultura acolle os foros do proxecto europeo EDIT, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
• Galicia ten en marcha no marco deste proxecto dúas iniciativas de Big Data para coñecer e xestionar os fluxos turísticos e de control e xestión das visitas á Catedral de Santiago
• O proxecto EDIT permitirá a normalización dos datos procedentes de sensores instalados en Galicia e no norte de Portugal
• Un dos obxectivos da colaboración é a xestión sostible dos recursos turísticos a partir do procesamento dos datos con tecnoloxías intelixentes
224
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia destinará máis de 27 M€ ata 2025 para impulsar a capacitación dos galegos e galegas, facendo especial fincapé nos maiores.
223
• A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participa nunha xornada sobre a 'Actualización da Axenda España Dixital 2026' no Instituto Nacional de Administración Pública
• Galicia reivindica a súa aposta pola especialización tecnolóxica na xestión intelixente, ética e responsable do dato
• O esforzo para a transformación tecnolóxica de Galicia da última década permitiu avanzar na universalización da Administración, da sanidade, da xustiza e da educación dixital
222
• Dos 147,7 millóns de euros xestionados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia están activados expedientes por un importe de case 122 millóns
• Case o 73 cento do importe desas actuacións en marcha corresponden a proxectos que xa están licitados, en fase de execución ou executados, o que representa case 89 millóns de euros
• Os fondos do MRR permiten a posta en marcha de 26 liñas de acción enmarcadas na Estratexia Galicia Dixital 2030
• Entre as iniciativas en fase de execución destacan o proxecto do novo Centro de Procesamento de Datos da Xunta ou o que permitirá completar...
222
• O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou este mediodía o II Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal
• Destacou que o modelo de colaboración público-privada polo que aposta a Xunta permitiu dar unha resposta áxil e eficaz ás situacións provocadas polo maior uso das tecnoloxías durante a pandemia e ás ameazas das novas guerras híbridas
• Puxo en valor a Estratexia Galicia Dixital 2030 de Galicia, que avoga por unha transformación dixital ao servizo das persoas, con criterios éticos e humanistas, e nun entorno de seguridade e confianza
221
• O vindeiro 27 de abril terá lugar a primeira sesión formativa, neste caso sobre protección de datos, organizada grazas á participación da empresa Altia en colaboración coa Fegamp, e que terá continuidade o 3 de maio cunha actividade de carácter práctico
• É a primeira dunha vintena de actuacións previstas para o primeiro semestre do ano programadas polo grupo de traballo do Nodo Galego de Ciberseguridade
• Todo o tecido empresarial de Galicia poderá participar nestas sesións nas que recibirán consellos prácticos e formación sobre aspectos fundamentais da seguridade da información na...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 435
- 436
- 437
- 438
- 439
- …
- seguinte ›
- última »