Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- …
- seguinte ›
- última »
3.838
Amplíase a relación de lugares nos que solicitar Chave365 presencialmente, o sistema que permite identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen certificados dixitais nin DNI electrónico. Para máis información así como para consultar a relación completa e os horarios de atención pode acudir a https://sede.xunta.es/chave365.
3.832
• Os Axentes galegos do software libre colaboraron no 41% das actividades do Plan autonómico
• A Administración autonómica mantén a súa aposta polo uso e reutilización de software libre en iniciativas de calado en ámbitos como a Administración electrónica, a educación ou a cultura
• Así mesmo, continua co seu compromiso de liberación de dúas novas aplicacións no Repositorio de Software Libre
• O Centro Demostrador TIC virtual de solucións libres incorpora unha nova solucións á súa oferta, FacturaScripts
3.811
O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convocan os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. A entrega dos mesmos terá lugar durante o transcurso da XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Para máis información e acceso ás convocatorias visita a web www.aetg.gal
3.706
Ofértanse 180 prazas neste curso de teleformación, que comezará en setembro e rematará en novembro, mes no que terá lugar o exame presencial
Os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario da rede CeMIT
En outubro abriranse novas convocatorias de avaliación para aquelas persoas que xa posúan os coñecementos necesarios
O certificado, que emite a Amtega, acredita a capacitación en ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada
3.605
Neste seminario farase unha introdución sobre a liberación de proxectos como software libre, facendo fincapé nas vantaxes que isto pode reportar e novos modelos de negocio asociados ao software libre que poden resultar de interese para unha empresa.
3.595
Ata o 11 de maio empresas e autónomos, que non dispoñan de acceso a internet de cando menos 30 Mbps, poderán realizar a súa solicitude
A Xunta destinará 1 millón de euros a axudas para subvencionar ata o 100% dos custos das tarefas para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por beneficiario
É a segunda actuación do Plan de banda larga da Xunta, que complementa á lanzada en 2016 para dotar de conexión a internet de ata 350Mbps a 81 polígonos industriais
3.417
Para impulsar a transformación dixital nas empresas, Red.es publicou as bases das convocatorias de Asesores Dixitais e das Oficinas de Transformación Dixital.
3.401
Dezanove localidades de Galicia con aula CeMIT ofertan preto de 300 prazas para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos intelixentes
Non é necesario dispor de terminal móbil para poder acceder a estes cursos
A actividade continuará ata finais de novembro percorrendo aulas das catro provincias galegas
Pódense consultar as datas e formalizar a inscrición, de balde, na web da rede CeMIT
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- …
- seguinte ›
- última »