Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info rápidaInfo rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

18/04/2017
O próximo 27 de abril de 2017 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Por iso, o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) organiza un coloquio virtual dende os centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día,...
29/03/2017
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata. O convenio contempla como novidade a celebración do I Congreso de Xestión de Proxectos de Software e a continuidade de accións formativas sobre Seguridade Informática e Scratch. O acordo posibilitará a celebración da VII edición da...
20/03/2017
Empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar, ata o día 20 de abril, axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Con esta convocatoria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a segunda das actuacións do Plan de banda larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade. A Amtega destina a esta convocatoria un orzamento de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda. Estas axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias...
12/03/2017
O 50% dos galegos con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, fronte a un 29,4% que afirmaron utilizalo no ano 2012. No tramo de idade dos 65 aos 74 anos o uso de internet tamén crece e sitúase no 21%. Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do estudo “Os Maiores e as TIC”. Máis información en: http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170312_maiores_tic.html
07/03/2017
O proxecto destacado deste mes é Apache Solr, unha plataforma de buscas baseada en Apache Lucene, que funcionan como un motor. As súas principais características son as buscas de texto completo, resaltado de resultados, clustering dinámico e manexo de documentos de texto enriquecido. Máis información en: https://www.mancomun.gal/no_cache/actualidade/novas/detalledenova/nova/p...
01/03/2017
Wire, unha aplicación de comunicación punto a punto en tempo real, anunciou os resultados da auditoría de seguridade que o seu código ben de superar e que deixan en bo lugar á aplicación e, en particular, ao seu protocolo de cifrado punto a punto Proteus, baseado inicialmente en Signal. Ademais, estes resultados viñeron acompañados da confirmación de que o código da parte servidora da aplicación tamén será liberada como código aberto a finais do presente trimestre. Deste xeito, pode dicirse que Wire é unha das mellores opcións para o que busca un canal de comunicacións seguro e capaz de ser...
28/02/2017
O pasado 24 de febreiro Google anunciou que E2EMail, un sistema de cifrado end-to-end experimental, se libera como código aberto baixo a licenza Apache License 2.0 para a comunidade de desenvolvedores. A finalidade de E2EMail é a de construír un mecanismo simple que facilite o xeito de intercambiar correos confidenciais para os usuarios non técnicos e tamén mellorar a confidencialidade de datos para mensaxes pequenas, sensibles e ocasionais. O obxectivo disto é que o mesmo provedor de correo electrónico, Gmail no caso de Google, non poida ser capaz de extraer o contido das mensaxes...
20/02/2017
A partir do 21 de febreiro xa será posible obter o título de familia numerosa e o certificado de discapacidade de xeito automatizado. Desta forma, xa non será necesario desprazarse ata as unidades administrativas correspondentes. Estes certificados pódense obter en formato electrónico desde calquera lugar e ao longo das 24 horas do día, no apartado “Obtención de certificados” da sede (https://sede.xunta.gal/obtencion-de-certificados), empregando algún dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede....

Páxinas