Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info rápidaInfo rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

06/07/2017
A iniciativa “Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura”, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), visitará 10 concellos de Galicia durante este mes con charlas informativas, a cargo dos colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía. O único requisito para poder asistir a estas charlas gratuítas é ser usuario da rede CeMIT e solicitar praza na localidade de interese, a través da web http://cemit.xunta.gal. O calendario de actividades é o seguinte: 10  xullo de 10...
03/07/2017
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, co obxectivo de fomentar e achegar aos universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres. O galardón está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e nun segundo de 750 euros, grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG), e do Grupo de programadores e usuarios de Linux (GPUL),...
19/06/2017
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o vindeiro xoves 22 de xuño unha xornada sobre as boas prácticas no ámbito da innovación social dixital no Centro de La Molinera en Ourense. Este centro conta cun aula da Rede CeMIT nas súas instalacións e participa no proxecto CeMIT-Innova 2017. A xornada baixo o lema “Innovación Social Dixital. Comunicando Emocións” celebrarase en dobre sesión, de mañá e tarde, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas, respectivamente. Para consultar máis información sobre o evento prema aquí (http://amtega.xunta.gal/...
13/06/2017
O 16 de xuño de 2017 terá lugar, na Cidade da Cultura de Galicia, a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta segunda edición, a xornada centrarase na colaboración co eido rural. Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as súas experiencias, como AGASOL, Fran Quiroga, Granxa Familiar, ICARTO, EFA Galicia, QGIS, Librebit, Galirema, Adegas Lagar de Costa, a Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCCMM) e a Asociación Galega de...
05/06/2017
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou o inicio da tramitación da Lei de Administración dixital de Galicia que permitirá un marco normativo único e ofrecer servizos máis sinxelos e eficaces. Esta lei dotará á Comunidade dun marco legal único que recollerá todos os aspectos necesarios para acadar unha Administración 100% dixital. Nel vanse sistematizar todos os decretos, ordes e outras disposicións sobre as relacións administrativas dixitais que a Xunta vén elaborando desde o ano 2010, poñendo fin á dispersión normativa que hai na actualidade para lograr unha maior eficacia e...
01/06/2017
Esta xornada pretende achegar as claves, tendencias, experiencias e axudas públicas para apoiar ás empresas en movemento, aquelas que son capaces de atender ao mercado, de adaptarse ós cambios… e en definitiva de ser competitivas a través das TIC e a innovación aplicada. A xornada terá lugar o 6 de xuño, en horario de 9:30 a 13:30 horas, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Para máis información sobre o evento prema aquí (http://amtega.xunta.gal/evento/xornada-empresa-en-movemento-capacitacion...)
25/05/2017
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) organiza o curso de Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa no que se fai unha introducción ao modelo de liberación de proxectos como software libre, facendo fincapé nas vantaxes que isto pode reportar e novos modelos de negocio asociados ao software libre que poden resultar de interese para unha empresa. O curso celebrarase en Santiago de Compostela o 30 de maio e está orientado a empresas que queren liberar o seu software baixo unha licenza libre ou explorar novos modelos de negocio baseados no software libre.  Para...
18/05/2017
Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos e nenas, os seus pais, nais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 27 de maio o evento “Scratch Day 2017” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Está dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa tiveran traballado con Scratch, e...

Páxinas