Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info rápidaInfo rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

01/09/2017
Máis de 160 concellos formalizaron xa a súa adhesión á Historia Social Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Política Social están a ampliar as funcionalidades do sistema, de xeito que dotaron á plataforma de novas prestacións como a sinatura dixital e a integración coa aplicación informática que empregan os traballadores...
24/08/2017
A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizou no período 2015-2016 máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, para impulsar a transformación dixital da Comunidade. Así se recolle no balance publicado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no que se recollen as principais actuacións desta estratexia. En concreto, leváronse a cabo importantes avances nas cinco liñas estratéxicas da Axenda: valorización da Administración, énfase na vida dixital, aceleración da economía dixital, estímulo ao crecemento do sector TIC e articulación dixital do territorio. Para...
17/08/2017
Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, a Xunta de Galicia vén de publicar unha orde que fixa as bases reguladoras e convoca, para o ano 2017, o programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo...
08/08/2017
O xurado do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ seleccionou seis proxectos emprendedores de innovación social para formar parte da segunda edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ ten como finalidade apoiar a aqueles emprendedores que contribúan á innovación...
02/08/2017
O 78,6% dos fogares galegos contan con acceso a Internet contratado a través de banda larga, rexistrando un incremento de máis do 10% no último ano. Este crecemento acurta a distancia coa media estatal a 2,6 puntos porcentuais fronte aos 6,4 puntos do ano 2015. Ademais, o crecemento de fogares con banda larga no período 2013-2016 en Galicia foi superior ao do conxunto do Estado e duplicou o incremento rexistrado na Unión Europea. Así se desprende dos resultados do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos”, que publicou o Observatorio da Sociedade da Información e a...
26/07/2017
O operador de telecomunicacións Orange e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colaboran na iniciativa "Ao lado dos nosos maiores", un ciclo de talleres gratuítos, cunha duración máxima de 2 horas, que se levarán cabo ata o mes de outubro nos centros CeMIT de 23 concellos de Galicia. Estarán impartidos por persoal de Orange, que facilitará as tabletas e móbiles necesarios para que todos os asistentes poidan realizar as actividades do curso. O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles para...
21/07/2017
A Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización de Galicia (Amtega) colaborarán con Televés e Cruz Vermella na pilotaxe de novas prestacións de fogar dixital sociosanitario no marco do proxecto europeo Activage, que busca crear solucións tecnolóxicas que favorezan a independencia e autonomía das persoas maiores. No marco deste proxecto en Galicia desenvolveranse e probaranse solucións de fogar dixital sociosanitario con 700 usuarios, 100 deles con necesidades puramente clínicas, 450 usuarios de prestacións sociais, e 150 con necesidades sociosanitarias.   A Consellería de...
14/07/2017
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou, no I Encontro Red.es para a Cooperación Interterritorial en Servizos Públicos e Transformación Dixital, que a Axenda Dixital de Galicia 2020 investiu máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, entre 2015 e 2016 para contribuír ao crecemento económico e á mellora social da Comunidade aplicando as vantaxes da tecnoloxía. Así mesmo, salientou a posta en marcha en 2012 da Amtega como instrumento estratéxico e executivo para impulsar a modernización da administración pública e o...

Páxinas