Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info rápidaInfo rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

09/01/2018
A Amtega estreou conta oficial no repositorio de proxectos colaborativos GitHub (https://github.com/amtega). Esta plataforma é ben coñecida entre os desenvolvedores de software libre xa que é unha das máis empregadas para desenvolver este tipo de proxectos de xeito público para que todo o mundo poida ter acceso ao código fonte dos mesmos e colaborar. Deste xeito poténciase a presenza dos proxectos de software publicados como Software Libre pola Xunta de Galicia, facilitando a súa reutilización e as posibilidades de colaboración nos mesmos por parte doutras entidades ou administracións. Para...
02/01/2018
O Plan de Banda Larga da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tenolóxica de Galicia (Amtega), pechou 2017 con 51 polígonos con acceso a internet de redes ultrarrápidas. Máis de 1.000 empresas instaladas nestes recintos empresariais poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas. Esta actuación do Plan, cuxo adxudicatario é o operador R, completarase en 2018 achegando o acceso a estas redes ultrarrápidas a outros 30 recintos empresariais. Deste...
27/12/2017
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciaron a pasada semana a renovación do equipamento nos centros adheridos a iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar. En total, completouse a entrega de 1.200 ultraportátiles nunha vintena de centros que empregan o libro dixital. A distribución de equipos continuará, de xeito progresivo, ata finais de xaneiro, cando se completará a entrega de máis de 13.000 ultraportátiles para o alumnado e 2.000 portátiles para o profesorado, cos que se renovará o...
19/12/2017
A Xunta de Galicia ofrece un amplo abano de servizos relacionados coa Administración Dixital para facilitar á cidadanía, entre outras cuestións, a realización e xestión de trámites coa Administración pública, sen necesidade de estar pendente de horarios nin ter que agardar colas. Estes servizos, dispoñibles as 24 horas do día, poden atoparse no portal web da Xunta: https://www.xunta.gal/eservizos. Cómpre salientar os servizos de "sede electrónica" e "Notifical.gal", que permiten realizar xestións e recibir notificacións da administración, respectivamente. Ademais, a Xunta conta con 28...
12/12/2017
O portal da Xunta vén de activar o soporte técnico eServizos para axudar aos cidadáns nas súas xestións online a través da sede electrónica e no uso de Chave 365, notifica.gal e a sala de sinaturas. Está dispoñible a través do espazo eServizos de xunta.gal (https://www.xunta.gal/eservizos) e ofrece asistencia en liña, guiando ao usuario en función das súas dúbidas; manuais de axudas e respostas a preguntas frecuentes, así como avisos en caso de interrupción destes catro servizos da Administración electrónica. Con este nova canle de axuda online búscase facilitar o uso destes servizos dixitais...
04/12/2017
A Xunta abriu unha convocatoria de consultas preliminares ao mercado para definir os servizos e solucións que permitan estender a teleasistencia avanzada no fogar na Comunidade. A Administración autonómica aposta por un modelo de Fogar Dixital Sociosanitario, que a través dunha única plataforma tecnolóxica permita a prestación tanto de servizos sanitarios como sociais no domicilio dos usuarios. Búscase a evolución da teleasistencia social actual, baseada no botón de alarma ante unha incidencia, a un modelo que permita identificar situacións de risco no fogar de forma automática e comunicalas...
27/11/2017
A Xunta actualizou o servizo de tradución Gaio, que incorpora tres vocabularios personalizados diferentes: o xeral, o administrativo con nomenclatura das administracións galegas e nomes propios de lugares e persoas, e o xurídico con terminoloxía propia do campo xudicial e lexislativo. É unha das novidades da nova versión deste portal, que posibilita a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán. Xunto coa incorporación de vocabulario específico, renovouse o deseño e mellorouse e simplificouse o funcionamento do tradutor, que agora...
17/11/2017
Os vindeiros 24, 25 e 26 de novembro a Cidade da Cultura acollerá a terceira edición da maior feira de inventores a nivel mundial na súa edición galega, a Galicia Maker Faire. Esta edición suporá a consolidación do evento como o máis importante neste eido a nivel estatal, tanto por cantidade de makers expoñendo os seus traballos así como en número de asistentes. O evento galego gaña tamén pulo a nivel europeo, pois está entre os cinco con maior número de visitantes, preto de grandes cidades como Roma ou París. Nas pasadas edicións, 2015 e 2016, máis de 24.000 asistentes e 300 makers...

Páxinas