Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info rápidaInfo rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

12/03/2018
O Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega, ten como obxectivo estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o talento vocacional das profesións científico-tecnolóxicas desde idades temperás, con especial atención entre as mulleres. O programa conta xa coa adhesión das empresas asinantes do Pacto Dixital que se suman ás primeiras iniciativas propostas pola Amtega o pasado mes de decembro, o Programa de bolsas Áncora e a o programa Tecnólogos por un día. Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/o-plan-de-talento-dixital-...
28/02/2018
O Plan de Banda Larga, impulsado pola Amtega e o operador R, facilitará a instalación de internet de alta velocidade a numerosos polígonos industriais de Galicia, cumplindo cos obxectivos de facer chegar a conexións ás superficies empresariais. Ademais, abrirase unha convocatoria de axudas para dotar de redes ultrarrápidas a empresas e autónomos das zonas máis aisladas do rural. Para consultar máis información, pulse aquí (https://amtega.xunta.gal/es/noticia/el-plan-de-banda-ancha-de-la-xunta-y...)
16/02/2018
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda están a traballar no desenvolvemento do Plan de Modernización Tecnolóxica da Mobilidade en Galicia, e-Mobility para impulsar a dixitalización do sistema público de transporte que dá servizo a uns 20 millóns de viaxeiros anuais con  máis de 1.000 autobuses, 1.321 liñas e 14.140 paradas. Este plan ten como obxectivos xerais a dixitalización integral de todos os procesos de xestión e tramitación por parte dos operadores e o desenvolvemento de novos servizos  para os...
12/02/2018
O presidente da Xunta informou da aprobación do Anteproxecto de lei de Administración dixital de Galicia, co fin de acadar o papelame cero nas relacións entre a Administración e os cidadáns. Trátase dunha nova lei que vén completar o Plan da Administración e Goberno dixital 2020 que a Xunta puxo en marcha en 2015. Esta nova norma rexerase por tres principios básicos: que cada cidadán non teña que achegar os mesmos datos máis dunha vez, que a Administración empregue proactivamente a información da que dispón para adiantarse ás necesidades do cidadán e a automatización dos procesos para...
06/02/2018
Desde o 3 de febreiro de 2018 está dispoñible unha nova versión da sede electrónica da Xunta de Galicia, que incorpora, entre outras novidades: A organización de procedementos e contidos segundo o colectivo ao que van dirixidos (cidadáns, empresas e profesionais, entidades locais ou asociacións e ONGs) Unha nova sección, denominada "Como podo?", que incorpora titoriais de axuda sinxelos e organizados por pasos. Con eles, preténdese facilitar a realización dos diferentes trámites e a utilización das distintas funcionalidades da sede Un deseño máis actual que facilitará o acceso e a tramitación...
01/02/2018
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activou novas convocatorias do programa ReAcciona para as empresas que queiran mellorar a súa competitividade. A Xunta, mediante os programas ReAcciona e ReAcciona TIC -que se desenvolveu nun marco de colaboración Igape-Amtega–, concedeu durante o último ano axudas por 2,3 millóns de euros para impulsar máis de 500 plans de mellora en pemes galegas. A presentación de solicitudes de axudas para a nova convocatoria do programa ReAcciona TIC, ao amparo das bases reguladoras publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), estará...
23/01/2018
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 19 de febreiro e rematará o 25 de maio, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes de maio. Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario da rede CeMIT.  A inscrición realizarase a través de internet...
16/01/2018
A Xunta porá en marcha no primeiro trimestre deste ano unha nova sede electrónica, centrada nos servizos ao cidadán, adaptada a un mellor uso dende dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do perfil do cidadán ou empresa. Este foi un dos obxectivos que destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na inauguración do Seminario “Modernización Dixital das Administracións Públicas en Galicia”. Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-pora-en-marcha-no-primeiro-trimest...)

Páxinas