Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
29/12/2016
A difusión das últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos son dous dos obxectivos de DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, un evento promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia no marco do programa Viraxe TIC.
Máis información: http://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-os-clusters-tic-e-do-audiovisual...
25/11/2016
O obxectivo do encontro é potenciar o sector TIC galego, involucrando a un equipo de investigadores, universitarios, emprendedores e outros interesados en Big Data & Analytics para que compitan no desenvolvemento de solucións dixitais a partir dos datos de localización da traxectoria de clientes nun centro comercial.
Podes acceder á nova completa premendo aquí.
04/11/2016
Fallo do Xurado sobre a I Edición da Convocatoria para Emprendedores “Vodafone Connecting for Good Galicia”
Os seis proxectos de emprendemento seleccionados formarán parte do Programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’, que inclúe formación, mentoring, axudas, así como un espazo de traballo na Cidade da Cultura.
Nesta primeira convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, o Xurado fallou por unanimidade na selección dos seis mellores proxectos de emprendemento, que son:
Insulcloud.
Robobo.
MyKeeper.
Phottic.
PsicoVR.
Xesmar.
Para ler a nova completa, prema aquí.
25/10/2016
Publícase a listaxe definitva de persoas admitidas para a realización das probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, convocadas por Resolución do 23 de setembro de 2016 (DOG nº 188 do 03/10/2016), e que terán lugar os días 16, 17 e 18 de novembro.
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS, por data e localidades.
21/10/2016
Desde o martes 11 de outubro é posible solicitar a alta no servizo de identificación e sinatura fácil Chave365 en nove centros de saúde do Servizo Galego de Saúde, aos que se engadirán progresivamente o resto de centros e hospitais públicos.
Os primeiros centros de saúde nos que se poderá solicitar a alta en Chave365 son os seguintes:
Centro de Saúde San José (A Coruña)
Centro de Saúde Fontenla Marystany (Ferrol)
Centro de Saúde Concepción Arenal (Santiago de Compostela)
Centro de Saúde de Ordes
Centro de Saúde de Ribeira
Centro de Saúde Rosalía de Castro-Beiramar (Vigo)
Centro de Saúde da...
17/07/2016
O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convocan os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. A entrega dos mesmos terá lugar durante o transcurso da XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Para máis información e acceso ás convocatorias visita a web www.aetg.gal
15/07/2016
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización do curso preparatorio para a obtención do CODIX, na modalidade de teleformación, convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 2016, DOG nº 17, do 27/01/2016. Pode consultada nesta en: https://cemit.xunta.gal/sites/w_amtega/files/180%20matriculados.pdf. As persoas que figuran nesta listaxe recibirán a primeiros de setembro no seu correo electrónico persoal que figura na súa ficha de usuario/a da rede CeMIT as instruccións de acceso ao curso na plataforma de teleformación EMA (http://cemit.xunta.es/ema), curso que comezará...
14/07/2016
Amplíase a relación de lugares nos que solicitar Chave365 presencialmente, o sistema que permite identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen certificados dixitais nin DNI electrónico. Para máis información así como para consultar a relación completa e os horarios de atención pode acudir a https://sede.xunta.es/chave365.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11