Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Xa son máis de 160 os concellos que se adheriron á Historia Social Única Electrónica

Máis de 160 concellos formalizaron xa a súa adhesión á Historia Social Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Política Social están a ampliar as funcionalidades do sistema, de xeito que dotaron á plataforma de novas prestacións como a sinatura dixital e a integración coa aplicación informática que empregan os traballadores dos servizos sociais comunitarios.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/mais-de-160-concellos-formalizaron-a-sua-a...)