Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Xa se coñecen os seis proxectos que participarán na segunda edición do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’

O xurado do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ seleccionou seis proxectos emprendedores de innovación social para formar parte da segunda edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ ten como finalidade apoiar a aqueles emprendedores que contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia. Desta forma, os proxectos que acceden ao programa poden converterse en negocios reais con maiores garantías de éxito e de poder contribuír a resolver os retos recolleitos na Axenda Dixital de Galicia 2020.

Para coñecer os proxectos seleccionados e consultar máis información sobre o programa, prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/seleccionados-os-seis-proxectos-emprendedor...)