Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Xa se coñece o gañador do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

O pasado venres 27, publicábase o fallo do premio da X edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG.

O primeiro premio recaeu en Pablo Grela Palleiro, da Universidade de A Coruña polo proxecto Radiocom consistente nunha aplicación móbil para unha radio comunitaria que permite escoitar podcast, streaming, ver a programación da semana, reportar incidencias, solicitar recursos e poder acceder de maneira áxil aos programas. Este recoñecemento ten unha dotación económica de 1.500 euros achegada polo CIXUG ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa Amtega.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-concede-o-premio-ao-mellor-proxec...)