martes, Febreiro 6, 2018
Xa está dispoñible a nova sede electrónica da Xunta de Galicia
Desde o 3 de febreiro de 2018 está dispoñible unha nova versión da sede electrónica da Xunta de Galicia, que incorpora, entre outras novidades:
- A organización de procedementos e contidos segundo o colectivo ao que van dirixidos (cidadáns, empresas e profesionais, entidades locais ou asociacións e ONGs)
- Unha nova sección, denominada "Como podo?", que incorpora titoriais de axuda sinxelos e organizados por pasos. Con eles, preténdese facilitar a realización dos diferentes trámites e a utilización das distintas funcionalidades da sede
- Un deseño máis actual que facilitará o acceso e a tramitación desde calquera dispositivo, incluídos os teléfonos móbiles e as tabletas
Para consultar máis información, prema aquí (https://sede.xunta.gal/avisos?content=/.content/aviso/aviso_0504.xml)