Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

O Plan e-Mobility impulsará a dixitalización do sistema público de transporte

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda están a traballar no desenvolvemento do Plan de Modernización Tecnolóxica da Mobilidade en Galicia, e-Mobility para impulsar a dixitalización do sistema público de transporte que dá servizo a uns 20 millóns de viaxeiros anuais con  máis de 1.000 autobuses, 1.321 liñas e 14.140 paradas.

Este plan ten como obxectivos xerais a dixitalización integral de todos os procesos de xestión e tramitación por parte dos operadores e o desenvolvemento de novos servizos  para os usuarios.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/plans/plan-e-mobility)