Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

O Plan de Banda Larga levará internet ultrarrápida a máis de 330.000 galegos de 258 concellos

Grazas á posta en marcha do Plan de Banda Larga de Galicia, en 2020 máis de 330.000 galegos de 258 concellos terán acceso a redes ultrarrápidas. Esta iniciativa facilitará o acceso a redes de máis de 100Mbps a 74.400 galegos de núcleos de menos de 300 habitantes. As 258.000 persoas restantes beneficiaranse das medidas do Estado para chegar a núcleos de maior tamaño, cun investimento público de 21 millón de euros.  

Con estas actuacións en 2020 o 74% dos galegos terán acceso a redes de máis de 30 Mbps, unha porcentaxe que se incrementará coas novas convocatorias anunciadas polo Estado no marco do seu Plan 300x100. Esta iniciativa ten como obxectivo estender fibra óptica ao 100% dos núcleos de poboación de España cun investimento de 525 millóns de euros para o período 2018 – 2021.

Para consultar máis información, prema aquí.