domingo, Maio 20, 2018
O hipersector TIC en Galicia emprega a preto de 22.000 traballadores
O Hipersector TIC galego concentra un total de 3.410 empresas e dá emprego a 21.973 persoas, a maior cifra de traballadores rexistrada nos últimos cinco anos. Estes datos sitúan a Galicia como a quinta Comunidade en volume de empresas desta área, unicamente superada por Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana.
Así se recolle no estudo sobre o Hipersector TIC de Galicia, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que se publica hoxe.
Para consultar máis información, prema aquí.