Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

O balance da Axenda Dixital de Galicia 2020 reflicte importantes avances na transformación dixital da Comunidade

A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizou no período 2015-2016 máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, para impulsar a transformación dixital da Comunidade. Así se recolle no balance publicado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no que se recollen as principais actuacións desta estratexia.

En concreto, leváronse a cabo importantes avances nas cinco liñas estratéxicas da Axenda: valorización da Administración, énfase na vida dixital, aceleración da economía dixital, estímulo ao crecemento do sector TIC e articulación dixital do territorio.

Para consultar máis información sobre estes avances prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-dixitalizacion-dos-servizos-publicos-a-r...)