Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Iníciase un ciclo formativo de Administración electrónica para responsables da rede CeMIT, persoal de concellos e aliados dixitais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) inicia este mes un ciclo formativo sobre Administración electrónica dirixido a responsables das aulas CeMIT, persoal de concellos e aliados dixitais. Baixo o título “Faite Dixit@l e tramita nun clic” desenvolveranse xornadas prácticas nas catro provincias galegas.

Os asistentes recibirán formación específica sobre os principais servizos dixitais que ofrece a Administración autonómica como o Chave 365 e outros sistemas de identificación e sinatura electrónica; como empregar a sede electrónica da Xunta, ou como acceder ao sistema de notificacións electrónicas Notifica.gal.

Para consultar máis información sobre estas xornadas, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-inicia-un-ciclo-formativo-sobre-a...)