Feijóo avanza a posta en marcha de dez programas para, cun total de preto de 67 M€, impulsar a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta activará nas próximas semanas dez programas que, cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego. “Son tanto para empresas como para centros tecnolóxicos de Galicia”, afirmou, subliñando que estas convocatorias de axudas xa se empezaron a publicar e completaranse de xeito inmediato nas próximas semanas.
Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez, Feijóo destacou o proxecto Maquinaria 4.0 que, cunha dotación de 2 millóns de euros, buscará xerar provedores fortes no eido da fabricación de maquinaria e outros bens de equipo que poidan servir ao tecido empresarial galego; e os apoios para o desenvolvemento de centros de fabricación avanzada, que contarán cunha dotación de 16 millóns de euros ata 2022, co obxectivo de xerar, entre outras infraestruturas, centros de ensamblaxe, loxística e recursos tecnolóxicos, espazos maker de fabricación compartida ou o acondicionamento especializado de solo industrial.
Para consultar máis información, prema aquí.