Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info RápidaInfo Rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Dispoñible unha nova canle de axuda para usar os principais servizos de Administración electrónica

O portal da Xunta vén de activar o soporte técnico eServizos para axudar aos cidadáns nas súas xestións online a través da sede electrónica e no uso de Chave 365, notifica.gal e a sala de sinaturas. Está dispoñible a través do espazo eServizos de xunta.gal (https://www.xunta.gal/eservizos) e ofrece asistencia en liña, guiando ao usuario en función das súas dúbidas; manuais de axudas e respostas a preguntas frecuentes, así como avisos en caso de interrupción destes catro servizos da Administración electrónica.

Con este nova canle de axuda online búscase facilitar o uso destes servizos dixitais, cuxa porta de entrada é xunta.gal. O portal autonómico ten unha media anual de 6 millóns de visitas, das que máis do 18% proceden xa de redes sociais e máis dun 43% se realizan a través de dispositivos móbiles.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/o-portal-da-xunta-conta-cunha-nova-canle-d...)