Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Convocadas máis de 600 prazas para as probas da certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou máis de 600 prazas de carácter libre para a avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios xa posúen os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

As probas terán lugar os días 15, 16 e 17 de novembro en diversas quendas de mañá e tarde nas aulas CeMIT de 43 concellos galegos.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-convoca-mais-de-600-prazas-para-a...)