Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Comeza unha nova edición da iniciativa de capacitación dixital “Ao lado dos nosos maiores”

A Amtega, en colaboración co operador de telecomunicacións Orange, organizan unha nova edición do taller “Ao lado dos nosos maiores”, un ciclo formativo sobre o uso de dispositivos móbiles. Serán un total de 17 talleres prácticos e gratuítos de dúas sesións de dúas horas de duración, que se realizarán de forma presencial entre o xoves 19 de abril e o mércores 27 de xuño en diversas localidades da Rede de aulas CeMIT de Galicia.

O obxectivo principal desta actividade, impartida por persoal de Orange en calidade de aliado dixital, é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.

Para consultar máis información, prema aquí.