Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Case o 80% dos fogares galegos conta con acceso a Internet de banda larga

O 78,6% dos fogares galegos contan con acceso a Internet contratado a través de banda larga, rexistrando un incremento de máis do 10% no último ano. Este crecemento acurta a distancia coa media estatal a 2,6 puntos porcentuais fronte aos 6,4 puntos do ano 2015. Ademais, o crecemento de fogares con banda larga no período 2013-2016 en Galicia foi superior ao do conxunto do Estado e duplicou o incremento rexistrado na Unión Europea.

Así se desprende dos resultados do “Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos”, que publicou o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Amtega.

Para consultar máis información, prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/os-fogares-galegos-con-conexion-a-internet-...)