Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

As empresas de 51 polígonos industriais poden contratar Internet a través de fibra óptica

O Plan de Banda Larga da Xunta, impulsado pola Axencia para a Modernización Tenolóxica de Galicia (Amtega), pechou 2017 con 51 polígonos con acceso a internet de redes ultrarrápidas. Máis de 1.000 empresas instaladas nestes recintos empresariais poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Esta actuación do Plan, cuxo adxudicatario é o operador R, completarase en 2018 achegando o acceso a estas redes ultrarrápidas a outros 30 recintos empresariais. Deste xeito, no ano 2018, un total de 130 polígonos, nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs. O resto cubriranse nas seguintes actuacións previstas no Plan.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/mais-de-1000-empresas-de-51-poligonos-indu...)