Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Apróbase o anteproxecto de Lei de Administración dixital de Galicia

O presidente da Xunta informou da aprobación do Anteproxecto de lei de Administración dixital de Galicia, co fin de acadar o papelame cero nas relacións entre a Administración e os cidadáns. Trátase dunha nova lei que vén completar o Plan da Administración e Goberno dixital 2020 que a Xunta puxo en marcha en 2015.

Esta nova norma rexerase por tres principios básicos: que cada cidadán non teña que achegar os mesmos datos máis dunha vez, que a Administración empregue proactivamente a información da que dispón para adiantarse ás necesidades do cidadán e a automatización dos procesos para mellorar a eficiencia da xestión.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/o-consello-da-xunta-aproba-o-anteproxecto-...)