Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Amtega e Orange organizan talleres gratuítos para persoas maiores sobre o uso de dispositivos móbiles

O operador de telecomunicacións Orange e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) colaboran na iniciativa "Ao lado dos nosos maiores", un ciclo de talleres gratuítos, cunha duración máxima de 2 horas, que se levarán cabo ata o mes de outubro nos centros CeMIT de 23 concellos de Galicia. Estarán impartidos por persoal de Orange, que facilitará as tabletas e móbiles necesarios para que todos os asistentes poidan realizar as actividades do curso.

O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e se familiaricen coa tecnoloxía móbil. Entre outros contidos tratarase como acceder ás redes móbiles e wifis, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou tableta.

Para consultar o calendario de actividades e máis información relacionada coa iniciativa, prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-orange-organizan-talleres-gratui...)