Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Amtega e CPETIG organizan a VII Xornada de Informática Xudicial #IURISTICGAL17

A intelixencia artificial e a ciberseguridade serán o fío condutor do programa da VII Xornada de Informática Xudicial, que terá lugar o vindeiro 4 de outubro na Cidade da Cultura, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega.

A edición deste ano, convocada baixo o título Ciberseguridade, privacidade e intelixencia artificial, adopta o nome propio de #IURISTICGAL17, e nela participarán relatores expertos do ámbito da avogacía, a enxeñaría informática, a maxistratura e as forzas de seguridade do Estado, que darán unha visión integral da ciberseguridade e da revolución que supón a intelixencia artificial na aplicación da lei. 

Para máis información sobre o evento e a inscrición ao mesmo, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/ciberseguridade-e-intelixencia-artificial-...)