Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Amtega e AETG celebran unha xornada sobre as obrigas normativas do Fogar Dixital en Galicia para concellos e promotores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Axencia de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan o día 17 de outubro a xornada de presentación da “Guía técnica e Proxecto Tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)”, que se retransmitirá dende as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia, en Santiago de Compostela, e poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia en horario de 10.00 a 12.00 h.

O obxectivo da  xornada é informar a persoal municipal con competencias no ordenamento urbanístico así como aos instaladores e aos promotores sobre as novas obrigas normativas neste ámbito.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-a-aetg-organizan-unha-xornada-s...)