Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Actualizado o tradutor Gaio con novo vocabulario dos eidos administrativo e xurídico

A Xunta actualizou o servizo de tradución Gaio, que incorpora tres vocabularios personalizados diferentes: o xeral, o administrativo con nomenclatura das administracións galegas e nomes propios de lugares e persoas, e o xurídico con terminoloxía propia do campo xudicial e lexislativo. É unha das novidades da nova versión deste portal, que posibilita a tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán.

Xunto coa incorporación de vocabulario específico, renovouse o deseño e mellorouse e simplificouse o funcionamento do tradutor, que agora permite introducir na mesma caixa tanto o texto como a url da web que se quere traducir.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-actualiza-o-servizo-de-traducion-g...)