Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Ábrese unha consulta pública ao mercado para estender o modelo de teleasistencia avanzada no fogar

A Xunta abriu unha convocatoria de consultas preliminares ao mercado para definir os servizos e solucións que permitan estender a teleasistencia avanzada no fogar na Comunidade. A Administración autonómica aposta por un modelo de Fogar Dixital Sociosanitario, que a través dunha única plataforma tecnolóxica permita a prestación tanto de servizos sanitarios como sociais no domicilio dos usuarios. Búscase a evolución da teleasistencia social actual, baseada no botón de alarma ante unha incidencia, a un modelo que permita identificar situacións de risco no fogar de forma automática e comunicalas telemáticamente aos coidadores ou prestadores de servizos.

O obxectivo desta consulta é identificar o modelo tecnolóxico que permita prestar no domicilio os servizos catalogados como teleasistencia avanzada. É preciso definir tanto os compoñentes tecnolóxicos cos que ten que contar o fogar, como a conectividade necesaria para o correcto funcionamento dos diferentes servizos, así como o modelo económico que permita estender de maneira eficiente estender a teleasistencia avanzada no territorio galego.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-abre-unha-consulta-publica-ao-merc...)