Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Aberto o prazo para presentar candidaturas ao I Premio Son Dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu a convocatoria da I edición dos premios Son Dixital, á que poderán presentarse todos os proxectos de Innovación Social Dixital desenvolvidos desde as aulas CeMIT e a súa rede de entidades aliadas durante as tres edicións do proxecto CeMIT-Innova.

O Premio Son Dixital busca recoñecer ás persoas e entidades implicadas nas iniciativas que se desenvolveron  nestes tres últimos anos e o traballo das entidades colaboradoras do mesmo, concellos, aulas CeMIT, voluntariado, asociacións e empresas. Ademais dun gañador o premio contará con ata dous accésit.

Os participantes nos proxectos de innovación social dixital poderán presentar candidatos ao premio desde hoxe, 26 de outubro, ata o 10 de novembro do 2017, a través dun formulario publicado na web do proxecto (https://cemit.xunta.gal/cemit-innova/).

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-convoca-o-i-premio-son-dixital-pa...)