Aberto o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 19 de febreiro e rematará o 25 de maio, previo ao exame presencial que terá lugar na última semana dese mes de maio.
Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario da rede CeMIT. A inscrición realizarase a través de internet na web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-abre-mana-o-prazo-de-inscricion-n...)