Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Aberta a convocatoria do programa ReAcciona TIC

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activou novas convocatorias do programa ReAcciona para as empresas que queiran mellorar a súa competitividade. A Xunta, mediante os programas ReAcciona e ReAcciona TIC -que se desenvolveu nun marco de colaboración Igape-Amtega–, concedeu durante o último ano axudas por 2,3 millóns de euros para impulsar máis de 500 plans de mellora en pemes galegas.

A presentación de solicitudes de axudas para a nova convocatoria do programa ReAcciona TIC, ao amparo das bases reguladoras publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), estará aberta ata o 1 de marzo.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-activa-novas-convocatorias-para-fa...)