Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

A Xunta poñerá en marcha unha nova sede electrónica a finais de ano

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou, durante a inauguración dunha xornada sobre as novidades das Lei 39 e a Lei 40/2015,  que Galicia vén traballando na transformación dixital da Administración desde o ano 2010 cun Plan de Modernización que permitiu á Comunidade chegar á entrada en vigor das novas leis coas principais pezas dunha administración integramente dixital en marcha e adiantarse, incluso, a algunhas das esixencias que prevén para o ano 2018. 

Entre as medidas máis inmediatas do Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020, Mar Pereira sinalou a posta en marcha no derradeiro trimestre do 2017 dunha nova sede electrónica da Xunta de Galicia, adaptada a un mellor uso dende dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do perfil do cidadán ou empresa.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-lei-de-administracion-dixital-de-galicia...)