Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info RápidaInfo Rápida

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta lanza a aplicación PassCOVID que ofrece información actualizada, avisos e alertas sobre a situación da crise sanitaria

 

A aplicación PassCOVID está xa dispoñible desde hoxe para os dispositivos con sistema operativo iOS e en proceso de publicación para os móbiles con sistema operativo Android, coa previsión de que estea accesible para a súa descarga a principios de semana. De descarga voluntaria, a aplicación pode empregala calquera persoa que que se atope en Galicia, sexa  residente ou transeúnte. Conectada directamente co Servizo Galego de Saúde PassCOVID é un instrumento de apoio á xestión da pandemia e unha canle de contacto telemática cos cidadáns. 

Con esta aplicación Galicia suma unha nova ferramenta dixital para facilitar a colaboración cidadá na resposta a crise sanitaria. Así, ao labor de rastrexo automatizado que realiza a app estatal RadarCOVID, PassCOVID engade múltiples funcionalidades como ofrecer información actualizada da situación da pandemia; facilitar a comunicación de contactos estreitos en caso de ser confirmado positivo; acceso ao código alfanumérico para introducir en RadarCOVID e alertas de establecementos nos que se rexistren concentración de contaxios. 

Para consultar máis información, prema aquí.