Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info RápidaInfo Rápida

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta inicia os foros de debate con axentes económicos sociais para elaborar a Estratexia Dixital de Galicia 2030

A Xunta avanza no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 coa celebración na primeira semana de xullo do foros de debate profesional aos que están convocados axentes sociais e económicos da Comunidade. Estas xornadas, organizadas pola Amtega en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia.

En total, celebraranse catro sesións de traballo que congregarán aos axentes implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación, contando coa participación de representantes  das  principais empresas da  Comunidade, do hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.

Tratase dos primeiros encontros previstos neste proceso participativo, no que se contará tamén coas achegas da cidadanía a través do portal da Amtega (https://amtega.xunta.gal/edg2030-participa), así como dun comité de expertos que trasladen a súas expectativas, visións e preocupacións en torno a retos definidos previamente coas diferentes consellerías. O obxectivo final é dispoñer dunha folla de ruta para abordar os retos derivados da transformación dixital.

Para consultar máis información, prema aquí.