Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info RápidaInfo Rápida

Formulario de busca

cierra cierra

A Xunta inicia a creación do Nodo de Ciberseguridade de Galicia, que ofrecerá servizos a empresas, administracións e cidadáns

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mantivo no mes de marzo unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais, do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e do Centro Criptolóxico Nacional (CCN) para darlles conta dos pasos que está a dar a Xunta para crear o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal e convidalos a sumarse á iniciativa.

Coa creación de CIBER.gal, a Xunta busca poñer en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.

Tras esta primeira posta en común, a Amtega remitiu esta semana a proposta concreta de acordo á Fegamp e ás deputacións para a súa posterior sinatura. A Amtega xa asinou sendos acordos de colaboración en materia de ciberseguridade co Incibe e co CCN.

Para consultar máis información, prema aquí.