Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

A Xunta extende as actividades da Mobile Week a Área Metropolitana da Coruña e á Capital de Galicia


A Xunta de Galicia formalizou  súa participación na Mobile Week Coruña (MWC) coa sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Club Financiero Atlántico, que posibilitará a achega de 30.000 euros a esta iniciativa.

Ademais, a Amtega colabora coa MWC ampliando o a súa área de influencia cunha vintena de actividades na propia cidade herculina e nos Concellos de Abegondo, Betanzos, Sada e Santiago de Compostela.

Da Coruña ao Gaiás

A Axencia pública autonómica contribúe así coa vocación da Mobile Week de irradiar a toda Galicia a necesidade de reflexionar sobre o impacto da evolución tecnolóxica na sociedade. Entre o 21 e o 28 de novembro as aulas CeMIT de Abegondo, Betanzos, Sada e A Coruña acollerán cursos e obradoiros de alfabetización dixital, formación específica sobre o uso dos servizos dixitais, programación Scratch, busca de traballo en internet e charlas divulgativas sobre os novos perfís dixitais.

A programación está dispoñible na web da MWC https://www.mobileweekcoruna.com/es/eventos/, na que tamén están as actividades previstas na Cidade da Cultura. O polo tecnolóxico do Gaiás súmase á Mobile con dúas xornadas sobre Ciberseguridade o 21 de novembro, una dirixida ás pemes e outra á cidadanía.

As actividades complétase con visitas ao Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta, o Corazón Dixital de Galicia para o que os interesados se poden inscribir a través do mail cemit@xunta.gal.

Para consultar máis información, prema aquí.