Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

A Xunta distribuirá 15.000 ultraportátiles nos centros educativos que empregan o libro dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, iniciaron a pasada semana a renovación do equipamento nos centros adheridos a iniciativa E-Dixgal do Proxecto Abalar. En total, completouse a entrega de 1.200 ultraportátiles nunha vintena de centros que empregan o libro dixital.

A distribución de equipos continuará, de xeito progresivo, ata finais de xaneiro, cando se completará a entrega de máis de 13.000 ultraportátiles para o alumnado e 2.000 portátiles para o profesorado, cos que se renovará o equipamento co que desenvolvían a súa actividade diaria  os 154 centros que empregan o libro dixital.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-comeza-a-renovacion-dos-equipos-no...)