Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

A edición galega da maior feira de inventores do mundo celebrarase na Cidade da Cultura

Os vindeiros 24, 25 e 26 de novembro a Cidade da Cultura acollerá a terceira edición da maior feira de inventores a nivel mundial na súa edición galega, a Galicia Maker Faire.

Esta edición suporá a consolidación do evento como o máis importante neste eido a nivel estatal, tanto por cantidade de makers expoñendo os seus traballos así como en número de asistentes. O evento galego gaña tamén pulo a nivel europeo, pois está entre os cinco con maior número de visitantes, preto de grandes cidades como Roma ou París.

Nas pasadas edicións, 2015 e 2016, máis de 24.000 asistentes e 300 makers escolleron Galicia como lugar onde expor e desfrutar de cantidade de proxectos levados adiante pola comunidade, potenciando de xeito notorio a innovación e a colaboración entre individuos e comunidades.

Para consultar máis información, prema aquí (https://www.mancomun.gal/noticias/cidade-da-cultura-acollera-terceira-ga...)