Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

A Amtega estrea conta oficial no repositorio de proxectos colaborativos GitHub

A Amtega estreou conta oficial no repositorio de proxectos colaborativos GitHub (https://github.com/amtega). Esta plataforma é ben coñecida entre os desenvolvedores de software libre xa que é unha das máis empregadas para desenvolver este tipo de proxectos de xeito público para que todo o mundo poida ter acceso ao código fonte dos mesmos e colaborar.

Deste xeito poténciase a presenza dos proxectos de software publicados como Software Libre pola Xunta de Galicia, facilitando a súa reutilización e as posibilidades de colaboración nos mesmos por parte doutras entidades ou administracións.

Para consultar máis información, prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-colabora-co-proxecto-de-software-...)