Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info RápidaInfo Rápida

Formulario de busca

cierra cierra

A Amtega conta cun orzamento de máis de 115 millóns de euros no 2020 para consolidar unha Galicia máis dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incrementa nun 4% o seu  orzamento para o 2020, que ascende  a 115.913.010 euros, dos que preto do 70% están destinados a investimentos para consolidar unha Galicia máis dixital e reforzar as súas capacidades para facer fronte aos retos marcados por Europa no 2030. Así o explicou a directora da Amtega, Mar Pereira, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para detallar as contas do seu departamento para o vindeiro ano
 
En total, a Axencia pública destinará 79,06 millóns de euros, case un 6% máis que en 2019, a investimentos para completar a dixitalización da administración e da Xustiza, reforzar a dispoñibilidade e seguridade dos servizos dixitais; estender a educación dixital; avanzar na innovación tecnolóxica nos servizos sociais e nos  novos mecanismos para a conservación e difusión do patrimonio cultural; modernizar sectores chave como o turismo e a mobilidade; mellorar a conectividade, con especial foco no rural e apoiar a xeración de talento dixital e reforzar as capacidades do sector TIC de cara a vindeira década.
 
Para consultar máis información, prema aquí.